Gonzo: "Esperanza Aguirre é perigosa porque vive en base á mentira"

O reporteiro vigués de 'El Intermedio' presenta o seu libro '¡Todo por mi país!' no que fala de diferentes políticos
Gonzo durante la entrevista.
photo_camera Gonzo durante la entrevista.

O reporteiro vigués de El Intermedio, Gonzo, foi entrevistado este sábado no programa de La Sexta, La Sexta Noche. O xornalista defendeu no programa o seu traballo fronte ás críticas que chegan doutros medios de comunicación. "Entendo que a miña forma de traballar poida resultar incómoda, pero sempre levo por diante o respecto e a educación", asegurou.

Gonzo acaba de publicar o libro ¡Todo por mi país!, no que intentou "contar quen é a persoa que está detrás dos políticos". De Esperanza Aguirre, por exemplo, asegura que lle parece "un personaxe en grao sumo perigoso porque vive en base á mentira". 

O xornalista galego tamén confesou que "ás veces teriamos que pensarnos moito máis a quen votamos" e asegura que apunta en todas as direccións: "O que pasa é que sempre hai alguén que busca aproveitarse".

Comentarios