Froilán acudiu á concentración de Colón sen comunicalo a Zarzuela

A concentración tiña por lema "Por unha España unida, ¡eleccións xa!" e a ela acudiron, ademais de dirixentes de PP e Cs, integrantes de Vox

Felipe Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, en foto de archivo. EFE
photo_camera Felipe Juan Froilán. FERNANDO VILLAR (EFE)

Felipe Juan Froilán de Marichalar, primoxénito da infanta Elena e sobriño do rei Felipe VI, acudiu á concentración na praza de Colón promovida por PP e Cs o pasado 10 de febreiro sen comunicalo previamente á Casa Real, segundo indicaron a Efe fontes de Zarzuela.

Segundo publica o diario El Mundo Froilán pediu permiso tanto aos seus pais como a Zarzuela antes de acudir xunto a un grupo de amigos á protesta convocada no centro de Madrid.

Un extremo que negan desde Zarzuela, que afirma non recibir aviso previo sobre a asistencia á protesta do neto de Juan Carlos I.

A concentración de Colón tiña por lema "Por unha España unida, ¡eleccións xa!" e a ela acudiron, ademais de dirixentes de PP e Cs, integrantes de Vox, UPN, Foro Asturias, UPyD e o PAR.

Congregou a 45.000 persoas, segundo datos da Policía Nacional, facilitados pola Delegación do Goberno en Madrid e a uns 200.000, segundo os convocantes, PP e Ciudadanos.

Comentarios