Un dos fillos de Lorenzo Sanz, ingresado por covid-19

Paco Sanz, fillo de Lorenzo Sanz afronta a enfermidade uns días despois de que esta lle cosatase a vida ao seu pai

 

Lorenzo Sanz. EFE
photo_camera Lorenzo Sanz. EFE

Paco Sanz, fillo de Lorenzo, atópase ingresado no Hospital Vithas Nisa Pardo de Aravaca por coronavirus, cunha pneumonía de primeiro grao, segundo informou a Efe o seu irmán Fernando Sanz. 

Logo de varios días con febre e dúas visitas ao hospital sen quedar ingresado, ao sufrir un empeoramento no seu estado, nun primeiro momento foi atendido na UCI do hospital antes de quedar en planta, onde respondeu positivamente ao tratamento. 

Paco, exxogador de clubs como Real Oviedo, Racing de Santander e Mallorca e expresidente do Málaga, foi quen levou no seu coche ao seu pai Lorenzo Sanz ao hospital uns días, antes de que falecese con coronavirus. Sofre unha pneumonía de primeiro grao e a súa evolución é positiva.

Comentarios