Ferran Adrià volve aos fogóns sete anos despois cunha clase maxistral

Os participantes descubrirán métodos e técnicas culinarias novas da man do chef de elBulli

Ferrán Adriá. EFE
photo_camera Ferrán Adriá. EFE

O cociñeiro Ferran Adrià, que deixou os fogóns fai 7 anos tras pechar o seu recoñecido restaurante elBulli, volverá cociñar o vindeiro xoves, 12 de xullo, nunha clase maxistral no Campus de Turismo e Hostalería (CETT) da UB.

A iniciativa nace dunha colaboración de Telefónica con Adrià, que é embaixador da marca, que escolleron o CETT, centro de referencia en estudos académicos relacionados coa gastronomía e a hostalería, para "pór en valor a innovación e a creatividade".

Segundo sinalou a organización nun comunicado, os participantes, 20 clientes de Telefónica, descubrirán métodos e técnicas culinarias novas da man de Adrià, que "reinterpretará pratos da cociña tradicional catalá e compartirá a súa evolución cos presentes".

Algúns dos pratos máis coñecidos sobre os que traballarán serán o fricandó e o suquet ou mar i muntanya, e utilizará diversas técnicas como a deconstrucción, un dos máis aplicados polo chef ao longo da súa carreira.