O fenómeno Vigo tamén chega a Sálvame

A presentadora, Carlota Corredera, luiciu unha camiseta na que a cidade olívica resaltaba por riba de grandes urbes coma Madrid ou París ► James Rhodes anda na procura dunha prenda igual
Camiseta 'Vigo Top'. MR.MAYOR
photo_camera Camiseta 'Vigo Top'. MR.MAYOR

O Nadal deseñado por Abel Caballero puxo a Vigo no mapa mediático. Se ben xa acabaron as festas, o fenómeno da cidade olívica segue vivo nas correntes máis 'mainstream'.

Proba disto foi a última emisión de Sálvame, na que a presentadora Carlota Corredera luciu unha camiseta na que Vigo resaltaba por riba de grandes urbes coma Madrid ou París.

Esta prenda véndese na páxiana web de Mr. Mayor co nome de 'Vigo Top' e ten un prezo 22,95€.

JAMES RHODES. O pianista británico James Rhodes tamén se uniu á festa. A través do seu Twitter, ao ver a camiseta, preguntou onde podía atopala.

Foron moitos os usuarios que aplaudiron o uso do galego por parte do artista, ademais de indicarlle onde conseguir a camiseta.

Comentarios