Feliciano López e Sandra Gago casan

A parella anunciou o seu compromiso o día de Reis

Sandra Gago y Feliciano López. INSTAGRAM
photo_camera Sandra Gago e Feliciano López. INSTAGRAM

Feliciano López empeza o ano do mellor xeito: anunciando o seu compromiso con Sandra Gago. Tras divorciarse da modelo Alba Carrillo, o tenista animarase a pasar de novo polo altar coa xornalista madrileña.

Sandra Gago, que tamén se dedica ao mundo da modelaxe, leva saíndo co deportista desde finais do 2017 e non foron poucas as ocasións nas que se lles viu xuntos, demostrando o moito que se queren. 

A parella elixiu o día de Reis para anunciar o seu compromiso, segundo recolle Chance, aínda que polo momento non transcendeu a data do enlace.


 

Comentarios