A modelo e influencer brasileira Nara Almeida que contara a súa convivencia co cancro durante os últimos meses, faleceu. Cando tan só faltaba un mes para que celebrase os 24 anos, o pasado mes de agosto, foi diagnosticada dun cancro de estómago.
A enfermidade foi tan agresiva que en tan só 10 meses Almeida perdeu finalmente a batalla. Todos os seus seguidores en Instagram puideron seguir a súa evolución, tanto na súa conta como na do seu noivo, o tamén influencer Pedro Rocha.
Almeida pasouno mal durante os últimos meses xa que estivo entubada e algúns medicamentos producíronlle reaccións alérxicas. No mes de abril, ía comezar un tratamento de inmunoterapia grazas a un doante que lle axudaba cun tratamento que en Brasil é moi caro e está ao alcance de moi poucos. Finalmente, non puido ser.
O seu noivo, Pedro Rocha, foi o encargado de dar a noticia: "Desafortunadamente, Nara faleceu onte á noite. Logo de tanta loita, o meu desexo era tela para sempre, pero merecía descansar. A súa morte deixa un baleiro enorme no meu corazón".