Expulsan a Sofía Cristo tras agredir a Miguel Frigenti en 'Secret Story'

A súa despedida forzosa do programa foi un acto disciplinario
Sofía Cristo y Carlos Sobera. TELECINCO
photo_camera Sofía Cristo y Carlos Sobera. TELECINCO

Sofía Cristo, filla do falecido Ángel Cristo e de Bárbara Rei, foi expulsada do reality de Telecinco Secret Story. A súa despedida do concurso produciuse como medida disciplinaria despois de que a concursante agredise ao seu compañeiro Miguel Frigenti.

Todo xurdiu despois de que os concursantes visen un vídeo no que o colaborador e Cristina Porta intentaban facer un pacto con algúns dos seus compañeiros para conseguir salvarse dos próximos nomeamentos, algo que provocou que os demais estalasen contra eles.

En plena discusión, o presentador Carlos Sobera decidiu desconectar o directo coa casa, para volver facelo pouco despois, nun momento no que se puido ver como Sofía perseguía a nbsp;Frigenti& botándolle en cara o seu comportamento.

"Alguén ten que dicirlle á cara como é como persoa para que se de conta", aseguraba Sofía Cristo aos compañeiros que trataban de acougar a discusión. Tras isto, achegouse a el, colleuno do pulso e tirouno cara ao sofá ante uns pampos compañeiros.

Acto seguido, declarou que sabía que a ían a botar e que prefería irse "porque non pinto nada cunha persoa como el aquí". Unha expulsión que confirmou máis tarde Sobera, alegando que non tiñan outra opción porque "hai cousas que supoñen traspasar a liña".

Comentarios