Un ex de Ana Obregón será concursante de 'Gran Hermano VIP'

Darek Dabrowski é o quinto participante anunciado para o programa de Telecinco

Darek Dabrowski. INSTAGRAM (@darek_oficial)
photo_camera Darek Dabrowski. INSTAGRAM (\darek_oficial)

Darek Dabrowski, ex de Ana Obregón, participará na nova edición de Gran Hermano VIP. O seu nome súmase a unha lista composta por Mónica Hoyos, Ángel Garó, Aurah Ruiz e Oriana Marzoli.

O polaco levaba varios anos desaparecido da escena mediática. Tras a súa relación con Susana Uribarri e con Ana Obregón, o personaxe afastouse da televisión.

Agora volve a un dos programas máis controvertidos da grella televisiva.

Comentarios