Ester Expósito se define como "tímida"

A actriz con raíces lucenses visitou El Hormiguero con motivo da próxima estrea da súa nova película, Venus
Ester Expósito durante su visita a El Hormiguero
photo_camera Ester Expósito durante a súa visita a 'El Hormiguero'

Ester Expósito é a protagonista do último título de Álex da Iglesia, o thriller Venus, e estes días vive inmersa no vórtice que supón a presentación do filme.

Unha das citas obrigadas de calquera campaña de promoción é o estudio de El Hormiguero, onde a actriz de raíces vivarienses tamén falou de si mesma, recoñecendo ser tímida, algo que poucos imaxinaran: "Son moi tímida e o tema da exposición é ao que máis me custou afacerme nesta profesión". Ester tamén recoñeceu que sae moito de festa, que lle gusta ir aos sitios que foi sempre e que procura saír ‘camuflada’ á rúa.

Comentarios