Ester Expósito, a actriz do momento que foi veciña de Broncano e veranea en Viveiro

A nova intérprete, que estivo na La Resistencia, acumula máis dun millón de seguidores en Instagram tras o seu boom pola serie Élite

Ester Expósito, en La Resistencia. MOVISTAR +
photo_camera Ester Expósito, en La Resistencia. MOVISTAR +

Ester Expósito é unha das actrices do momento. Só ten 18 anos e xa acumula máis dun millón seguidores na Instagram. O seu boom chegou coa serie xuvenil Élite, de Netflix, na que dá vida a Carla.

A súa fama repentina levouna este luns ao sofá de La Resistencia, onde fixo dúas revelacións: a primeira, que foi veciña durante varios anos de David Broncano, presentador do programa, e a segunda, que ten orixes galegas por vía materna. A súa conta de Instagram, de feito, dá boa conta diso, pois son varias as fotos que comparte veraneando na Mariña lucense, concretamente en Viveiro, onde se inmortaliza desde o monte San Roque ou desde a praia de Covas.

A súa aparición no programa de #0 espertou un gran interese na figura desta nova promesa da interpretación, que leva varios anos formándose e agora parece vivir un gran momento profesional con só 18 anos. Incluso a súa vida privada comeza a ser obxecto de publicacións no papel couché: a revista Cuore apuntou hai pouco que Ester Expósito e Álvaro Rico, compañeiros na rodaxe de en Élite, son noivos na realidade.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Creo que hay sitios a los que solo se puede volver con la misma persona 🌄

Una publicación compartida de Ester Expósito (@ester_exposito) el

Comentarios