Entran a roubar en casa de Piqué e Shakira cos pais del dentro

O futbolista e a cantante atopábanse en Colonia, no segundo concerto da xira El Dorado World Tour

Shakira y Piqué.AEP
photo_camera Shakira e Piquei.AEP

Uns ladróns entraron a roubar na noite deste martes na casa que teñen en Esplugues de Llobregat (Barcelona) o futbolista internacional do FC Barcelona Gerard Piqué e a cantante colombiana Shakira, que non se atopaban no domicilio, aínda que si que estaban os pais do xogador.

Os Mossos d'Esquadra abriron unha investigación por mor deste roubo non violento, que se produciu de noite, cando na casa estaban a durmir os pais do central azulgrana, informaron a Efe fontes próximas ao caso.

Shakira ofreceu onte á noite no Lanxess Area de Colonia (Alemaña) o segundo concerto da súa xira El Dorado World Tour, ao que se desprazou e asistiu Gerard Piqué despois de que o seleccionador español, Julen Lopetegui, dese festa aos internacionais o martes pola tarde, antes de viaxar a Rusia para xogar o Mundial.

Os ladróns fóronse da casa sen causar danos persoais, segundo as fontes, que resaltaron que se trata dun roubo non violento que se produciu cando os pais do futbolista estaban a durmir.

Os Mossos d'Esquadra están pendentes de recibir a denuncia por este roubo, segundo as fontes. 

Comentarios