O presidente de Islandia aclara que non prohibirá a piña nas pizzas

O máximo mandatario asegurara que non lle gustaba nada a froita como ingrediente da receita italiana
Pizza hawaiana
photo_camera Pizza hawaiana

O presidente de Islandia, Gudni Johannesson, non prohibirá finalmente a piña nas pizzas. A controversia creada no país insular naceu a partir dunha broma que o seu máximo mandatario dixera nunha charla nun instituto.

Unha alumna preguntoulle se lle gustaba esta froita nas pizzas, ao que Johannesson respondeu que nunca fora da súa agrado e que, se puidese, incluso a prohibiría.

Na época da información viral, as declaracións propagáronse como a pólvora, polo que o presidente viuse obrigado a subir unha rectificación en Facebook plasmando o evidente. "Non teño o poder de facer leis que prohiban á xente pór piña nas súas pizzas. Alégrame non ter un poder así. Os presidentes non deben ter un poder ilimitado", aclarou. Como termo da mensaxe, non dubidou en engadir que "para as pizzas, recomendo o marisco".

Comentarios