O actor Peter Dinklage noquea a Pablo Motos

O intérprete de 'Xogo de tronos' curta en seco ao presentador de 'El Hormiguero' nalgunhas preguntas da súa entrevista
Pablo Motos y Peter Dinklage
photo_camera Pablo Motos y Peter Dinklage

As polémicas de Pablo Motos coas súas entrevistas comezan a ser habituais. Tanto que, en breve, simplemente non serán noticia. A última vítima do presentador de El Hormiguero foi o actor de Xogo de Tronos, Peter Dinklage, que interpreta ao carismático Tyron Lannister.

Nos seus intentos de servir un programa doce, con toques salgados e incluso picantes, normalmente os resultados son amargos, agres e incluso empachan. A distancia entre entrevistador e entrevistado foi latente durante o espazo a pesar de que as dúas cadeiras nas que sentan están moi próximas.

Nunha das preguntas, Motos marcouse un pequeno discurso sobre a malvada industria audiovisual, que normalmente dá papeis de trasgos ou elfos aos ananos mentres que en Xogo de Tronos ten un papel de personaxe real, "algo que agradeces". A resposta de Dinklage, entre risas pouco naturais, foi directa: "Si, os ananos son reais (...). Toca". Despois estendeuse un pouco máis para non deixar en evidencia ao presentador, aínda que a pata xa estaba metida.

"Como é un día feliz para Peter?": esta foi outra das elaboradas cuestións do condutor do programa. O actor acaba de rodar unha curtametraxe con Raúl Arévalo patrocinado por Estrela Damm. Quizá para facerse o colega, Motos preguntoulle se se pasaron a rodaxe bébedos. "Non, bebiamos cervexa falsa. Eu son un profesional", espetou Dinklage.

A polémica serviuse de novo nas redes sociais no programa de Pablo Motos.

Comentarios