O disco 'Diluvio' de Tanxugueiras gaña dous Premios MIN

Lograron o recoñecemento de Mellor Albúm de Música de Raíz e Mellor Albúm en Galego
Las cantareiras Tanxugueiras, durante su actuación en San Cibrao. JM ÁLVEZ
photo_camera Las cantareiras Tanxugueiras, durante una actuación en San Cibrao. JM ÁLVEZ

Tanxugueiras co seu disco Diluvio dous Premios MIN, o Mellor Albúm de Música de Raíz e o Mellor Albúm en Galego, tras concorrer en sete categorías. Estes galardóns, que contan con 21 categorías, celebrouse o mércores 17 de maio en Mallorca (Illas Baleares). 

Diluvio, que fixo que a banda gañase dous premios, foi editado no verán de 2022 por Calaverita Records. Ademais, este dobre recoñecemento para o trío galego chega logo de recoller o pasado mes o premio a Artista Revelación Alternativo 2023 outorgado polos Premios Odeón e apenas dúas semanas tras a estrea do seu novo tema Aire. 

Así mesmo, na gala, presentada por Samantha Hudson, tamén foron premiados Os Estanques e Anni B Sweet (gañadores en cinco categorías) ou Biznaga (en dúas). 

Comentarios