A débeda de Isabel Pantoja con Facenda alcanza os 2,5 millóns de euros

O lucrativo contrato da tonadilleira con Mediaset non resultou suficiente para sacala dos números vermellos

As débedas de Isabel Pantoja co fisco son desde este mércores de dominio público. Segundo desvelou en exclusiva a revista Semana na súa portada, a cantante debería 2,5 millóns de euros a Facenda. Unha cantidade que sorprende logo do seu lucrativo paso por Supervivientes e do seu último contrato millonario con Mediaset. Agora será xurado de Idol Kids, un diñeiro que sen dúbida necesita para facer fronte ás súas obrigacións tributarias.

Ao parecer,  a tonadilleira arrastra esa débeda desde a época na que estivo condenada dous anos no cárcere e que nese momento ascendía a cinco millóns de euros. Desde entón, foi reducindo ese monto co seu traballo e as súas cada vez máis frecuentes aparicións televisivas. Segundo transcendeu, segue negociando con Telecinco —especúlase coa posibilidade de que protagonice un show propio— e rexeitou varios proxectos por considerar que a remuneración non estaba á altura do seu caché.

Comentarios