Dabiz Muñoz anuncia unha misteriosa colaboración con Rosalía

O cociñeiro lanzou un vídeo no que se lle ve cun casco de moto utilizado pola cantante
Dabiz Muñoz, tras recoger el premio. EFE
photo_camera Dabiz Muñoz. EFE

O cociñeiro madrileño con tres estrelas Michelín Dabiz Muñoz anunciou este venres unha colaboración con Rosalía, da que non dá ningún detalle, a través dun vídeo no atópase co casco de moto utilizado pola cantante no seu novo álbum, Motomami, mentres cociña.

RosalíaxDabiz, entre corazóns, sobre a palabra Motomami pecha este breve clip no que o chef se pregunta "¿Por que cheira a gasolina na miña cociña?". Despois, aproxímase a un casco negro metalizado coa -símbolo do disco da catalá- que aparece misteriosamente sobre unha barra.

Segundo dixo o dono de Diverxo a Efe, aínda non poden avanzar que hai detrás deste vídeo.

Aínda que a cantante Rosalía non se fixo de momento eco deste vídeo colgado en todas as redes sociais de Muñoz, os seus seguidores xa falan dunha posible colaboración entre ambos para crear un menú Motomami.

Comentarios