domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

David Catá traballou na rodaxe do programa 'Hoy no, mañana', que dirixe José Mota

Catá (esquerda), nun dos rodaxes. AMA
Catá (esquerda), nun dos rodaxes. AMA

"Puiden ver o seu proceso creativo, todo un luxo", afirma o vivariense, que foi auxiliar de realización e tamén coincidiu co presentador Santiago Segura

O artista vivariense David Catá explorou un novo terreo profesional ao participar como auxiliar de realización na rodaxe do programa de humor Hoy no, mañana, dirixido por José Mota e Javier Vicuña e presentado por Santiago Segura, que se emite os venres ás dez da noite na 1 de TVE.

"Foi unha primeira experiencia incrible, moi positiva. Aprendín moito porque o equipo era fantástico e teño moitas ganas de seguir aprendendo no sector", reseña David Catá, quen comenta sobre Mota que puido ver "como traballa e o seu proceso creativo durante a rodaxe, todo un luxo", ademais de sinalar que é "moi amable". Tamén coincidiu nun día de rodaxe con Santiago Segura. "Estou tremendamente agradecido pola oportunidade que se me deu", engade.

Catá incorporouse ao proxecto despois de que unha amiga súa, Ana Varela, faláselle del ao director de produción, Carlos Cruz, e superar unha entrevista. "Non teño formación específica pero viron que me defendía no campo ao ver o meu traballo audiovisual e fotográfico", sinala.

O programa empezou a emitirse a semana pasada pero a gravación realizouse nos meses de xaneiro e febreiro en Madrid coa produtora Nueva Línea. "Eu estaba a axudar ao director de realización, Óscar Lurueña, basicamente no que se chama o combo, coas pantallas, as cámaras, os planos, a claqueta e todas esas cousas", explica David Catá.

Polo demais o vivariense continúa inmerso en varios proxectos de fotografía, entre eles Horizontes no que plasma con agulla e fío na palma da súa man paisaxes importantes para el e do que pronto sacará á luz novos traballos. Tamén acaba de ser galardoado co primeiro premio do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense, foi seleccionado co proxecto Congelados para o Undécimo Premio Auditorio de Galicia en Santiago e continúa realizando encargos para particulares e compondo música, outra das súas paixóns.

David Catá traballou na rodaxe do programa 'Hoy no, mañana', que...
Comentarios