David Bustamante: "Somos moi pesados no chat de Whatsapp"

O cantante foi o último 'triunfito' ao que preguntaron sobre os membros ausentes no grupo de OT1
David Bustamante. (Foto: EP)
photo_camera David Bustamante. (Foto: EP)

O grupo de whatsapp dos concursantes da primeira edición de Operación Triunfo segue dando que falar en distintos estudos de televisión.

Despois de que Natalia -exconcursante do programa- declarase que faltaban dúas persoas no grupo, a curiosidade mediática provoca que cada 'triunfito' entrevistado nalgún medio de comunicación sexa cuestionado sobre o mesmo tema.

O último que tivo que padecer o ballón de preguntas sobre esta cuestión foi David Bustamante. O cantante visitou o estudo de ¡Qué tiempo tan feliz!, e a súa presentadora Terelu Campos, non desaproveitou a oportunidade de introducir o manido tema na entrevista.

Bustamante, que xa se imaxinaba que o asunto sairía a relucir, resolveu o tema sen revelar os nomes dos ausentes no chat de OT.

"Sempre hai moita polémica. Hai xente que non lle gustan os chats de whatssapp, se é que somos moi pesados. Fergó sempre se esta queixando: que me acabades a batería!"

Comentarios