Pedroche dará as badaladas sen roupa interior: "O vestido é moi forte"

A presentadora dá a entender que volverá optar polas transparencias no look de fin de ano
Pedroche
photo_camera O ano pasado elixiu unha especie de bikini floral. AEP

Cristina PedrocheComo xa é tradición no último lustro, Cristina Pedroche alimenta a expectación en torno ao vestido que lucirá este ano en Noitevella. O bombazo foi, esta vez, que non levará roupa interior. "Porque non podo", explicou a presentadora, dando a entender que, unha vez máis, optará polas transparencias.

"O vestido é moi top, é moi forte, e eu os outros anos non dicía que fose forte...", engadiu a colaboradora de Zapeando, que conta un ano máis coa confianza de Atresmedia para dar as badaladas de fin de ano acompañada do cociñeiro Alberto Chicote. Segundo indicou, o proceso para crear a súa indumentaria está a ser nesta ocasión máis arduo que nas anteriores. "Normalmente adoito facer como catro ou cinco probas físicas como moito, pero xa levo cinco feitas, este ano está a ser complicado", explicou Pedroche.

A Noitevella pasada optou por un bikini de flores deseñado por Marta Rota que foi moi comentado, como xa é habitual. En calquera caso, podería ser a última vez que presenta as badaladas, segundo insinuou recentemente. "Este ano xa debería de despedirme, logo disto non hai nada máis", asegurou.

Comentarios