jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Dos creadores de Malaquito de Memphis... Un concursante de 'Ahora Caigo' rebautiza o Celta

Jonhy, concursante de 'Ahora Caigo'. ANTENA TRES
Jonhy, concursante de 'Ahora Caigo'. ANTENA TRES
A divertida resposta dun concursante ao ser preguntado polo equipo no que xoga Iago Aspas

Probar distintas combinacións por se 'soa a frauta' e acertan de chiripa. É a estratexia dalgúns concursantes de Ahora Caigo cando non se saben a resposta e, para deleite dos seguidores do programa, non é estraño que entre intento e intento se coen auténticos disparates. É o caso de Jonhy, que protagonizou un deses momentos chamados a coarse en todos os zapping ao intentar adiviñar en que equipo galego xoga o futbolista Iago Aspas

Deseguido se deu conta que o club en cuestión era "de Vigo", pero lle faltaba a parte inicial do nome, e aventurouse a probar: "Palea, pelea, jalea, calea, galia... galia de Vigo... pulga de Vigo..." A súa última resposta espertou as risas do estudio e o presentador, Arturo Valls, deseguido o relacionou con outra resposta histórica do programa.

"Atencióoooon. Dos creadores de Malaquito de Memphis chega... ¡Pulga de Vigo!", exclamou divertido Valls. 

Dos creadores de Malaquito de Memphis... Un concursante de 'Ahora...
comentarios