A Coruña recibe a numerosos rostros coñecidos na exposición de Peter Lindbergh

Ao  evento, impulsado por Marta Ortega, acudiron personalidades como Jon Kortajarena, Rossy de Palma, Naomi Campbell ou a neta de Picasso  Diana Widmaier Ruiz Picasso
Jon Kortajarena y Diana. INSTAGRAM
photo_camera Jon Kortajarena e Diana Widmaier Ruiz Picasso. INSTAGRAM

Numerosos rostros coñecidos do panorama nacional e internacional déronse cita este mércores en A Coruña para asistir á inauguración da exposición do fotógrafo Peter Lindbergh, impulsada por Marta Ortega. 

A filla de Amancio Ortega levou a cabo o papel de anfitrioa e ofreceu aos seus invitados unha agradable velada na que se deron cita rostros e celebridades de ámbitos moi variados.

Desde a moda á arte, este mércores aterraron na Coruña personalidades como Jon Kortajarena, Esther Cañadas, Manuel Vilariño, Rossy de Palma, Naomi Campbell (musa do fotógrafo ao que se lle rendeu tributo) ou Diana Widmaier Ruiz Picasso, neta do artista, entre outros. No plano institucional destaca tamén a presenza do presidente da Xunta e da alcaldesa da cidade. 

O evento discorreu segundo o previsto, e algúns dos asistentes deixaron entrever, a través das súas redes sociais, algunhas pinceladas da exposición. Ao termo desta, a velada concluíu cunha cea que tamén tivo un toque galego posto que foi elaborada polo restaurante Culler de Pau, o único da comunidade que ten dúas estrelas Michelín. 

A exposición abrirá ao público o próximo día catro e manterase ata o día 28, o que fai esperar que sexa un dos grandes acontecementos do Nadal coruñesa. 

Comentarios