George Clooney, ferido leve tras un accidente de moto en Sardeña

O actor atopábase na illa rodando unha película

Clooney2
photo_camera Clooney.

O actor estadounidense George Clooney resultou ferido leve este martes tras sufrir un accidente de moto na illa italiana de Sardeña, onde se atopaba para rodar unha serie de televisión, informaron os medios italianos.

O accidente produciuse na localidade de Olbia, cando a moto na que viaxaba chocou cun coche, engaden os medios.

Tras o impacto, o condutor do vehículo detívose e chamou a unha ambulancia que trasladou ao actor ao hospital de Olbia onde se atopa aínda ingresado.

Segundo a conta Twitter da revista do corazón Chi, o actor está a se someter a controis ante un posible traumatismo na cadeira, mentres que outros medios falan dunha ferida na perna.

Comentarios