
O concursante galego de 'OT' revolucionou as redes coa súa última publicación
Cepeda é un dos concursantes de Operación Triunfo con máis seguidores dentro e fóra das redes sociais. Consciente diso, o ourensán ofrece continuamente contido en Instagram aos seus fans.
En moitas das súas publicacións, o 'triunfito' aproveitou para lucir tipo: fotos sen camiseta, na piscina... Pero agora, o artista galego quixo ir un pouco máis alá e publicou unha fotografía totalmente espido.
Na imaxe, Cepeda aparece nun cuarto de baño, espido e de costas. A publicación foi un éxito e xa conta con máis de 180.000 gústasme e numerosos comentarios subidos de ton.