Cayetano Martínez de Irujo fala sobre a súa dura infancia na casa de Alba

O quinto fillo da duquesa de Alba ábrese ante as cámaras de Televisión Española nunha nova entrega de Lazos de Sangre

804136
photo_camera Cayetano Martínez de Irujo. EP

Cayetano Martínez de Irujo confesou no programa Lazos de Sangre, de Televisión Española, que os seus anos na casa de Alba non foron nada fáciles. “Non che deixaban opinar. Non che deixaban dicir. Cando eu me empecei a revelar pegábanme. Aos meus fillos estou a darlles todo o contrario”, aclaraba nun momento da entrevista. Cando se fixo referencia aos seus supostos actos de rebeldía, engadía “Como para non rebelarme. Tiñamos 14 anos e a nanny non nos deixaba escoller a roupa”.

Cando morreu o meu pai foi un baleiro tremendo. Non se nos deixou despedirnos del

Pero sen dúbida, un dos momentos máis impactantes das declaracións de Cayetano foi o momento no que deu a coñecer os problemas que lle trouxo non poder despedirse do seu pai, algo que recorda como un dos grandes traumas da súa vida.“Cando morreu o meu pai foi un baleiro tremendo. Non se nos deixou despedirnos del. Foi horrible. Cáusame unha dor… Como nos enganaron. Estiven a rezar co meu irmán Fernando durante 10 días para que se curase o noso pai. Tristemente morreuse xa sen que os soubésemos”, explicaba entre bágoas. “Tiven que facer moitas terapias de moitos tipos porque eu pensaba que o meu pai me abandonara… Cústame falalo. Non me sentía feliz. A miña nai pediume perdón por non ternos deixado despedir del. Iso foi un erro gravísimo…”, concluía.

Comentarios