Un cancro aparta temporalmente a Superpiñeiro da televisión

O histórico presentador da TVG acudiu este venres ao Luar onde conversou de vagar con Xosé Ramón Gayoso nun sofá

Xosé Manuel Piñeiro e Xosé Ramón Gayoso conversaron no Luar. CRTVG
photo_camera Xosé Manuel Piñeiro e Xosé Ramón Gayoso conversaron no Luar. CRTVG

Xosé Manuel Piñeiro, histórico presentador da Televisión de Galicia, anuncia que deixa temporalmente a televisión a causa dun cancro. Superpiñeiro acudiu este venres ao Luar onde conversou de vagar con Xosé Ramón Gayoso nun sofá.

"Estiven un mes encamado no hospital. Cando volvín á casa tiven que camiñar de novo porque xa non sabía", á vez que louvou as atencións que recibiu na sanidade pública polos profesionais que o atenderon.

O showman ourensán anunciaba hai dúas semanas que tomaría un tempo de descanso e Lucía Regueiro pasaba a presentar o Bamboleo, programa no que todos os sábados leva música e diversión ás casas galegas a través da Televisión de Galicia. 

Na conversa entre Gayoso e Piñeiro falaron de como o presentador logrou sacar forzas para seguir cantando e como foi o seu cambio de vida coa enfermidade.

"Se as cousas van indo como ata agora, espero volver estar no Bamboleo moi pronto", rematou antes de cantar unha canción "que non hai mellor momento para cantar que este".

Comentarios