Alejandro Sanz saca o lado máis romántico de Baltar Blanco

O presidente da Deputación de Ourense desfaise en mensaxes de amor cara á súa muller tras asistir ao concerto do cantante en Santiago

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, sacou partido ao peche en Galicia da xira española de Alejandro Sanz e baixo unha foto da súa muller María José Caldelas Fernández e el mesmo co cantante e compositor deixou unha mensaxe de amor.

Así, no seu perfil oficial de Facebook escribe este domingo: "Hoxe é sete de xullo. Hai doce anos comezamos oficialmente un camiño ao que queda moitísimo percorrido xuntos. Ata o infinito e máis aló".

E prosegue: "Grazas María Caldelas Fernández por facerme tan feliz, por construír un fogar con catro Baltar Caldelas", en alusión aos fillos que teñen en común, "que nos enchen e realizan".

Para concluír: "Empezamos este día cun grande. Pero a GRANDE -en maiúsculas- es ti. Por baixar todos os días a lúa para que xoguemos. Quérote".

O músico Alejandro Sanz puxo o peche en Compostela, onde naceu o seu avó paterno, á xira española do seu álbum máis recente, titulado sinxelamente El disco, o seu duodécimo traballo de estudo, que gravou en Miami baixo a produción de Julio Reyes Copello e Alfonso Reyes coa colaboración da Orquestra de Praga. 

Comentarios