O bailarín galego César Ferrío responde as críticas sacándose o pantalón

Seguidores de Eurovisión sinalaron que durante a actuación de Nebulossa a César Ferrío atascóuselle o pantalón
César Louzán Ferrío. INSTAGRAM (cesarferrio)
photo_camera César Louzán Ferrío. INSTAGRAM (cesarferrio)

Non foi un bo ano para España na Eurovisión. Nebulossa coa súa canción Zorra, quedou en 22ª posición tras non lograr convencer ao público. No entanto, a experiencia sempre quedará no recordo para os integrantes da candidatura española. Entre eles atopábase un galego, o bailarín César Ferrío, que brillou con actuación e acaparou moitas miradas no certame. 

Parece que isto non foi suficiente para algúns seguidores de Eurovisión, que mostraron o seu descontento en redes sociais co artista de Fisterra, criticando que durante o baile atascáraselle o pantalón no momento en que debía quitarllo. 

César Ferrío quixo calar bocas en redes sociais, a pesar de sinalar que "súa do hate". Para iso, subiu un vídeo no que se ve como sácase o pantalón e continúa co seu baile. Os seguidores de César Ferrío aplaudiron a performance e tamén lle deixaron algún que outro comentario picante sobre as súas nádegas. 

¿Quen é César Louzán Ferrío?

César Ferrío ten as súas raíces en Fisterra. Este mozo galego é profesor en strong <>escolas de baile en Madrid, pero tamén participa frecuentemente en strong <>espectáculos drag, nos que é coñecido polo seu alter ego Gaylicia.

Comentarios