Rocío e Cristian, a parella que triunfa en Instagram reformando a súa casa desde cero

Compraron unha casa en ruínas no Ribeiro e comparten o duro proceso para restaurala con cero "euros de orzamento"
Un momento de la reforma. INSTAGRAM
photo_camera Un momento de la reforma. INSTAGRAM

Rocío e Cristian decidiron irse a vivir xuntos. ¿O problema? O mesmo que para moitos mozos: a falta de orzamento. Por iso tiraron de moito sacrificio persoal e unha aposta arriscada que terminou por saírlles ben: comprar a casa máis barata que atoparon e reformala eles mesmos. "Con cero euros de orzamento", segundo explican na súa conta de Instagram, que creceu en seguimento ao ritmo que as obras ían avanzando. 

A conta \ro_meiry acumula máis de 120.000 seguidores, e nela van contando o laborioso proceso de reforma dunha casa que se atopaba completamente en ruínas. 

A iniciativa tivo moi boa acollida, con moitas persoas seguindo o día a día das obras da casa, situada nun pobo do Ribeiro.

Rocío, iso si, puntualizaba recentemente a Faro de Vigo que, a pesar de todo o bonito que pode parecer o proceso en Instagram, non debe romantizarse: "Imos contando os avances, pero non ven as horas de traballo investidas, o esforzo físico e mental", explicaba no diario.