Anabel Alonso será nai aos 55 anos xunto á súa noiva Heidi

Anabel Alonso. EFE
photo_camera Anabel Alonso. EFE

A actriz Anabel Alonso será nai por primeira vez aos 55 anos coa súa noiva, a dramaturga arxentina Heidi Steinhardt (42), que está embarazada. Será o primeiro fillo de ambas. 

A parella, que leva sete anos de relación, estreará maternidade a próxima primavera. Logo de facer pública a súa relación hai tres anos asegurou que lle gustaría ser nai e que barallaban a adopción.

Comentarios