Ana Obregón compra en eBay dous traxes de protección cotra o ébola

A película de hoxe titúlase Antoñita a fantástica: misión ébola. Vai dunha bióloga, actriz, presentadora, produtora e guionista que se compra en eBay dous traxes de protección contra o ébola porque ten medo e porque ela o vale. Polo menos esa é a película que pretende que  creamos esta semana Ana Obregón. Xa hai uns días, nunha entrevista en La Mañana de La 1 –MariLOL e Anita xuntas, ollo co ''acontecemento cósmico'', que diría Leire Pajín–, empregou a súa voz autorizada como bióloga para denunciar as carencias que presentaba –ao seu experto xuízo– a xestión da crise ébola. Éla á fronte do brote teríao feito moito mellor. Hoxe mesmo afirmaba en Amigas y conocidas, tranquilizando a todos os españois, que  comprou dous traxes illantes en eBay porque mentres non se controle o foco principal ninguén estará a salvo. "Teño medo", asegurou. Son en momentos como este nos que un agradece que a ministra de Sanidade sexa Ana Mato a pesar de todo. O asunto, ás súas compañeiras de faladoiro xa lles cheirou a bobada á caída. Paloma Gómez Borrero preguntoulle directamente se pensaba ir a África para poder usar o traxe. Loles León, que non se puido tirarse polas escaleiras porque no estudio non estaba Jeremy Irons, ventilou o tema cun simple "paréceme absurdo". Pois xa saben, que cunda o pánico.

Comentarios