Ana Obregón non pode conter as bágoas na súa volta a TVE

A presentadora foi entrevistada por Anne Igartiburu, con quen dará as badaladas de fin de ano
Ana Obregón
photo_camera Ana Obregón

Ana Obregón volveu a visitar un estudio de televisión logo de varios meses afastada da vida pública tras a morte do seu fillo Álex. Fíxoo en TVE, acompañada pola presentadora Anne Igartiburu, con quen dará as badaladas de fin de ano deste 2020.

Obregón mostrouse optimista e con ganas de reemprender a súa vida despois de que o seu fillo acabase por perder unha longa loita contra o cancro que padecía. Agradeceu a TVE o ofrecemento de volver dar as badaladas, con quen dixo "sentirse en casa".

Ademais, durante a entrevista, ao ser preguntada por cal será a mensaxe que verán os telespectadores durante as badaladas, a presentadora comentou que non ten unha mensaxe que dar, pero que si mostrará un "corazón roto, pero con moito amor".

Ana comentou que volveu a recuperar "unha faísca" e que este foi o primeiro día no que conseguiu non chorar desde a súa perda como nai.

Ao final da entrevista, Obregón comentou que ve que no seu futuro terá unha nova vida, "porque xa non serei a mesma". Entón Igartiburu deulle as grazas por ser ela mesma en nome de TVE, momento en que Obregón non puido conter as bágoas pola emoción do momento.

Comentarios