"É duro ver ao pai do teu fillo con outra e ter que saír cantando na tele"

A actriz e presentadora abriulle as portas da súa casa a Bertín Osborne, a quen desvelou aspectos ata agora descoñecidos da súa vida
Ana Obregón, durante la entrevista
photo_camera Ana Obregón, durante la entrevista

Bertín Osborne visitou este mércores a casa de Ana Obregón, quen desvelou en En tu casa o en la mía aspectos ata agora descoñecidos da súa vida, entre eles o duro que foi asumir as infidelidades da súa exparella e pai do seu fillo, Alessandro Lecquio. 

"É moi duro ver na revista ao pai do teu fillo con outra e ter que saír cantando en televisión", explicou a actriz, que asegurou que agora mantén moi boa relación coa súa exparella. "Teño un bo amigo, pero Alessandro como marido era imposible", engadiu.

Aínda que asegurou que Lecquio foi o home "máis importante" para ela, por terlle dado un fillo, admitiu que o "amor da súa vida" foi o xogador de baloncesto Fernando Martín. "Era marabilloso", defendeu, tras explicar que sacrificou a súa carreira como actriz en Estados Unidos por estar con el. "Non cambiaría eses catro anos en España con Fernando", asegurou Ana Obregón, que recordou con tristeza a súa morte nun accidente de coche pouco despois de deixar a relación.  "Foise sen saber que eu seguía namorada del", desvelou.

A presentadora tamén tivo boas palabras para Davor Suker, o exfutbolista co que comezou unha relación en 1997. "Era perfecto. Demasiado perfecto", asegurou a actriz.

Bertín Osborne tamén quixo aclarar algúns dos rumores xerados sobre a súa vida amorosa, como o coqueteo con David Beckham e a rifa con Vitoria. "Él mandábame mensaxes ao móbil e ela pilloullos", explicou a presentadora, que asegurou que a muller do futbolista inglés encarouse con ela no ximnasio e montoulle "unha boa rifa". Tras o incidente, afirma que os medios británicos chegaron a ofrecerlle dous millóns de libras por contar o que sucedera, pero ela non aceptou.

ÉPOCA EN EE UU. Durante a entrevista, Bertín Osborne pediulle que mostrase o seu título de licenciada en Bioloxía aos "incrédulos" que o puñan en dúbida, algo ao que ela accedeu. Explicou que, aínda que ela quería ser actriz, terminou os estudos na Complutense de Madrid e incluso realizou un máster. Pero tamén se formou en interpretación. Para iso, mudouse a Nova York, na que definiu como "a mellor época" da súa vida. Alí recibiu os seus primeiros papeis como actriz e coñeceu a profesionais da talla de Robert de Niro ou Steven Spielberg, a quen chegou a facerlle unha paella "incomestible".

Pero tamén tivo malas experiencias. Ana Obregón foi vítima dun roubo na súa casa. "Atáronme a unha cadeira. Foi unha experiencia horrible", declarou. Despois do incidente, foise a vivir á casa de Julio Iglesias e, anos máis tarde, Enrique e Julio José confesáronlle que ela era o seu mito erótico.

Ana Obregón tamén garda bos recordos da súa etapa máis televisiva, xa de volta a España, cando participou en programas de éxito como ¿Qué apostamos?, onde coincidiu co seu amigo Ramón García, quen -asegurou- foi un apoio moi importante en momentos duros da súa vida.

Máis doloroso para ela foi recordar que foi obxectivo de Eta, algo que soubo a través da prensa. "Tiñan unha foto dedicada por min no zulo onde secuestraron a Ortega Lara", contou. Segundo lle explicaro logo as forzas de seguridade, a banda terrorista coñecía 
todos os seus movementos, aínda que, afortunadamente, nunca chegou a pasar nada.

"SON CERO FELIZ". Sobre a súa situación actual, Ana Obregón confesou que non é feliz. "Son cero feliz", admitiu a presentadora, que recordou que a súa nai, con quen ten un vínculo moi forte, sufriu un derrame cerebral o pasado verán. Con todo, a actriz mostrouse optimista acerca da súa situación, que mantén á familia moi unida.

Durante a entrevista, Bertín Osborn tamén tivo oportunidade de coñecer ao seu fillo, Alejandro Lecquio, con quen convive e que definiu á súa nai como "unha amiga".


Comentarios