A xornalista Julia Otero arrincou 2022 con forza e facendo unha alegación en defensa do xornalismo ético. A presentadora de Julia en la Onda, programa á fronte do cal regresará o próximo día 10 tras superar un cancro, asegurou no programa Liarla Pardo, da Sexta, que "hai xente que se chama xornalista e mente todos os días".
A monfortina, nun vídeo de 23 segundos que se correu nas redes sociais como a pólvora, abundou nesa idea: "Unha prensa seria que non amenta tamén é fundamental. E que non confundamos os datos coas opinións, tamén”.
As súas palabras valéronlle moitos encomios nas redes sociais, como os do portavoz de Unidas Podemos no Congreso, Pablo Echenique, e tamén algunhas críticas chegadas, na súa maioría, desde a ultradereita.
Esto de Julia Otero en bucle. pic.twitter.com/MNansB5p0V
— Pablo Echenique (@PabloEchenique) January 2, 2022
A #JuliaOtero la dejé de escuchar hace mucho.
— soltllez (@soltllez21) January 3, 2022
Por ser asquerosamente sesgada, manipuladora y progre de lengua retorcida. Que ahora escupa pa'rriba en el mismo @OndaCero_es es una #VERGÜENZA .
Q se ponga bien, pero en mi casa no entra. pic.twitter.com/2speKkv5MG