Alec Baldwin é formalmente acusado de homicidio accidental

A fiscal alegou que o actor coñecía o protocolo, xa que participara en máis de 40 películas nas que se usaron armas de fogo
Alec Baldwin. EFE
photo_camera Alec Baldwin. EFE

Unha fiscal de Novo México (EE UU) formalizou este martes os cargos de homicidio involuntario contra o actor Alec Baldwin pola morte da directora de fotografía Halyna Hutchins, que faleceu dun disparo no peito durante a rodaxe da película Rust en outubro de 2021.

A fiscal do primeiro distrito xudicial de Novo México, Mary Carmack-Altwies, xa anunciara hai case dúas semanas que tiña a intención de imputar cargos penais contra Baldwin, así como contra Hannah Gutiérrez-Reed, a armeira e encargada do protocolo de seguridade.

No escrito de acusación, Carmack-Altwies enumerou este martes unha serie de fallos de seguridade e alegou que Baldwin coñecía o protocolo, xa que participara en máis de 40 películas nas que se usaron armas de fogo.

Un procedemento polo que a armeira debería estar presente para comprobar que a arma era segura e non confiar no axudante de dirección, David Halls, porque "non tiña potestade para autorizar o uso do revólver".

Ademais, a fiscal afirmou que Baldwin debeu recibir unha mínima formación de media hora sobre a utilización de armas de fogo, pero que non a cumpriu porque "a maioría do tempo estivo a falar polo móbil coa súa familia".

Por outra banda, Baldwin, como produtor da película, "nunca" debería permitir a contratación de Hannah Gutiérrez-Reed porque "carecía da formación e a experiencia necesaria", segundo a fiscal.

Carmack-Altwies oficializó os cargos tras 15 meses de especulacións acerca da implicación no suceso por parte de Baldwin, quen accionou unha arma de atrezo que contiña munición real, cando este tipo de balas están prohibidas nas rodaxes.

Baldwin e Gutierrez-Reed poderían enfrontarse agora a un xuízo pola vía penal que podería custarlle un máximo de cinco anos de cárcere. A decisión podería tardar ata 60 días.

O axudante de dirección David Halls asinou coa fiscalía un acordo de culpabilidade por un delito menor aceptando o cargo de uso "neglixente dunha arma letal" e seis meses de liberdade condicional.

Baldwin -coñecido por cintas como Pearl Harbor- defendeu a súa inocencia en diferentes entrevistas con medios de comunicación alegando que a responsabilidade de velar pola seguridade das armas en em <>Rust estaba asignada a Gutierrez-Reed e que el nunca apertou o gatillo, senón que a arma detonouse porque tiña algún defecto.

Con todo, tras analizar o material audiovisual obtido polas autoridades, a fiscal asegurou que hai "múltiples fotografías e vídeos" que o mostran co dedo no gatillo e que violou a primeira regra de seguridade en rodaxes: "Nunca apuntar cun arma de fogo, cargada ou non, a outra persoa".

A investigación da oficina do xerife do condado de Santa Fe (Novo México, EE UU) aínda non foi capaz de revelar como chegou a munición real ao set de rodaxe.

Hai tres meses, Baldwin e o resto de produtores da película chegaron a un acordo para pór fin á demanda civil por morte por neglixencia que a familia de Hutchins interpuxera contra eles. A expensas de que o acordo sexa aprobado por un xuíz, prevese que a produción da película renóvese este ano.