Alba Carrillo, en período de reflexión para abandonar Supervivientes

A modelo estivo a piques de deixar o programa de Telecinco, aínda que finalmente pensarao ata o vindeiro domingo
Alba Carrillo en Supervivientes
photo_camera Alba Carrillo en Supervivientes

A modelo Alba Carrillo está a pensarse se seguirá concursando no programa de Telecinco Supervivientes. Despois dunha agre discusión con Laura Matamoros, reaccionou coa intención de abandonar a aventura en Honduras.

Foi entón cando Jorge Javier Vázquez entrou en comunicación con Carrillo desde o estudio de Madrid para convencela. A súa curmá, que se atopaba xunto ao presentador do reality, tamén lle pediu que reflexionase.

Finalmente, Carrillo quedará ata o domingo no programa para decidir finalmente se segue ou pon punto e final á súa estancia nas praias caribeñas.

Comentarios