Adxudican por 19.000 euros nunha poxa un coche dos reis Juan Carlos e Sofía

Trátase dun Mercedes Benz utilizado polos monarcas nos anos 70

Juan Carlos y Sofía. EFE
photo_camera Os reis Juan Carlos e Sofía. EFE

Un dos coches que os reis Juan Carlos e Sofía utilizaron nos anos 70, un modelo Mercedes Benz 300 SEL, foi adxudicado nunha poxa por 19.000 euros.

A poxa desenvolvida por internet a cargo da empresa Catawiki pechouse este domingo, despois de que o vehículo estivese exposto na XVI Edición da Feira Retromóvil, que se celebrou no recinto feiral de Ifema de Madrid entre o 30 de novembro e o 2 de decembro, segundo informaron fontes da compañía.

O automóbil foi usado desde 1971 por don Juan de Borbón, quen o cedeu ao seu fillo cando era príncipe. Segundo a casa de poxas, don Juan Carlos e dona Sofía empregárono en viaxes cos seus tres fillos, Elena, Cristina e Felipe, e para cerimonias oficiais entre 1973 e 1977, cando, coa chegada dos coches blindados, pasou a formar parte da flota de vehículos secundarios da casa real. Desde 2007, estaba en mans dun coleccionista de Mercedes de Barcelona.

Comentarios