Achan morta na súa casa á actriz porno Jessica Jaymes

Tiña 43 anos
Jessica Jaymes. INSTAGRAM
photo_camera Jessica Jaymes. INSTAGRAM

A actriz porno Jessica Jaymes foi atopada sen vida este martes no seu domicilio de California. Tiña 43 anos.

Foi unha amiga súa quen deu a voz de alarma, tras decidir ir visitala tras un tempo sen saber dela. Cando chegou á súa casa atopouna inconsciente. 

A oficina do forense do condado de Los Ángeles está a investigar as causas da súa morte, aínda que aparentemente Jaymes sufriría un paro cardíaco. 

Segundo informa o portal TMZ, a estrela porno tiña antecedentes de convulsións. Ademais, atopáronse varios medicamentos na súa casa.