Achan morta á cantante surcoreana Goo Ha-ra

Foi integrante do grupo de K-pop Kara â?? Hai uns meses fora hospitalizada logo de ser achada inconsciente no seu domicilio
Goo Ha-Ra, durante una actuación.INSTAGRAM
photo_camera Goo Ha-Ra, durante unha actuación.INSTAGRAM

A cantante surcoreana Goo Ha-ra, exintegrante do grupo de K-pop Kara, foi atopada este domingo morta no seu domicilio de Seúl, informaron fontes policiais.

O corpo de Goo, de 28 anos, foi achado cara ás 18.00 hora local (09.00 GMT) na súa vivenda do sur da capital surcoreana, segundo informaron as fontes a medios locais.

Non se deu conta aínda da causa da morte e a Policía está a realizar as pescudas, agregaron as fontes. Medios locais apuntan o suicidio como hipótese do seu falecemento.

En maio pasado, a cantante foi ingresada nun hospital surcoreano despois de que fose atopada inconsciente no seu domicilio, aparentemente por mor dun intento de suicidio.

O grupo Kara, un dos precursores do K-pop, xurdiu en 2007, e un ano logo de uniu ao grupo Goo tras a saída dunha dos integrantes orixinais, Kim Sung-hee. O conxunto musical quedou disolto en 2016.

Goo Ha-ra debutou como solista en 2015, nunha carreira que desenvolveu tanto en Corea do Sur como en Xapón, e tamén participou en programas de televisión como actriz. 

Comentarios