A XI Feira da Empanada das Nogais inclúe concurso, cea popular e música

A festa celebrarase a próxima fin de semana e contará con Gerardo Pardo de Vera como pregoeiro
Fotografía de la pasada edición de la Feira da Empanada de As Nogais
photo_camera Fotografía de la pasada edición de la Feira da Empanada de As Nogais

A XI Feira da Empanada e outros Produtos dos Ancares celebrarase a próxima fin de semana nas Nogais e inclúe un variado programa no que non faltan a degustación gastronómica, a música e os concursos de elaboración de empanada e repostería.

Esta competición será, precisamente, a que abra o programa de actos. O sábado 28, ás 20.00 horas, celebrarase o concurso de empanadas para adultos e o de repostería infantil.

Ás 20.30 horas servirase unha degustación de touciño e chourizo e, a partir das 22.30 horas, actuará o dúo Punto y Aparte.

O día central da feira será o domingo. Os postos abrirán ás 10.00 horas e despacharán tanto empanadas como outros produtos gastronómicos propios dos Ancares. A artesanía tamén terá o seu lugar.

Ás 13.00 horas, Gerardo Pardo de Vega pronunciará o pregón desta edición, e ás 13.30 horas entregaranse os premios dos concursos de elaboración de empanadas e repostería celebrados o día anterior.

O programa de actos continuará o domingo pola tarde cunha actuación de baile e música tradicional a cargo de Treboada-Os da Fonte do Frade, en colaboración coa asociación cultural Abrente, das Nogais.

A clausura da feira, organizada polo Concello das Nogais e a asociación de empresarios Adean, está prevista para as 19.30 horas.

Comentarios