Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

A vendima na Ribeira Sacra xa chegou ao seu ecuador con 3,4 millóns de quilos de uva recolleitos

Una mujer hace la vendimia en una viña para la bodega Ponte da Boga
Una mujer hace la vendimia en una viña para la bodega Ponte da Boga
Quiroga, con 203 hectáreas, é o municipio con maior superficie dedicada a viñedos

A vendima na Ribeira Sacra superou a súa ecuador despois de que oficialmente se abrise a campaña de recollida de uva o pasado día 15. A data deste xoves, segundo datos do consello regulador da denominación de orixe, estaban dentro das adegas algo máis de 3,4 millóns de quilogramos dunha colleita que se espera chegue aos seis millóns. Tamén se considera que será unha das de maior calidade dos últimos anos ao entrar nas adegas os acios nun estado sanitario ''excelente'', segundo dixeron os expertos que vixían o proceso.

A variedade tinta mencía é a raíña na Ribeira Sacra. Deses 3,4 millóns, 2,7 son deste tipo de uva. E é que as brancas están a moita distancia, pois a máis recollida, o godello e aínda que en auxe desde hai uns anos , só supón 242.000 quilos do total; seguido do albariño, con 51.259.

Das 95 adegas amparadas por Ribeira Sacra, na xornada do xoves 51 estaban vendimiando e 27 xa deran por finalizados os traballos. Moitos adegueiros esperan ao último momento para retirar as uvas co fin de conseguir a maior maduración posible do froito e, así, tamén unha maior gradación.

SUPERFICIE. O municipio de Quiroga é desde o ano 2014 o que maior superficie de viñedo ten de toda a denominación de orixe Ribeira Sacra, en concreto 203 hectáreas, superando outros territorios onde hai moitos máis viticultores e adegas.

O segundo posto en número de viñedos ocúpao Pantón, con 197 hectáreas; e o terceiro, Sober, con 192. O catro e quinto lugar son para O Saviñao e Chantada, respectivamente, con 150 e 135 hectáreas.

En número de persoas dedicadas á viticultura, Quiroga está no quinto posto da denominación, con 254. O primeiro ocúpao Sober, con 466; o segundo, Chantada, con 402; o terceiro, Pantón, con 401; e o cuarto, O Saviñao, con 394 viticultores.

Polo que respecta a adegas, en Quiroga, a pesar de ter a maior superficie de viñedos da Ribeira Sacra, só hai cinco dentro da denominación de orixe. O primeiro posto é para Sober (36), seguido de Chantada (14), Pantón (8), O Saviñao (7) e A Teixeira (5).

A MÁIS GRANDE. A adega máis importante en canto a elaboración de viño no municipio quirogués é Val de Quiroga. Foi unha das máis madrugadoras en iniciar a campaña de recollida de uva de toda a denominación.

Nos seus depósitos xa están 30.000 quilogramos de uvas brancas, das variedades godello, treixadura, albariño, torrontés e loureira. En canto á uva tinta, está a finalizar a entrada duns 300.000 quilos das variedades mencía, garnacha, tempranillo, brencellao e merenzao.

As outras adegas quiroguesas co selo de calidade son Mondelo, Atrium Vitis, Fogar de Ricobao e Adegas Cosme.

A vendima na Ribeira Sacra xa chegou ao seu ecuador con 3,4 millóns...
Comentarios