Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

Unha vendima histórica leva a D.O. Rías Baixas a consolidarse no podio nacional de viño branco

O 2015 foi un ano especialmente frutífero nos viñedos do suroeste galego

O 2015 foi un ano especialmente frutífero nos viñedos do suroeste galego, cun clima que propiciou unha colleita de 32 millóns de quilos de uva da denominación de orixe Rías Baixas, unha vendima que supera nun 32% á do ano anterior e se sitúa como a terceira máis alta da historia. Isto propiciou unha maior cantidade de produto no mercado que, unido á óptima calidade da uva nesta campaña, permitiu á denominación galega consolidarse como a segunda do mercado nacional de viños brancos, acaparando un 9,6% do volume do mercado.

Estas cifras, extraídas do informe Nielsen do mes de novembro, ratifican a progresiva mellora do posicionamento dos caldos galegos, que seguen concentrando o 56% das vendas no noroeste español pero cada vez gaña presenza noutras áreas. En Madrid xa é a segunda marca de branco máis vendida, cunha alza do 1,8% respecto ao ano pasado. En Barcelona, nun mercado dominado polos viños cataláns, as Rías Baixas vai ascendendo postos aos poucos e sitúase como o cuarto branco ao aumentar as súas vendas nun 0,5%, algo que sucedeu nunha porcentaxe similar en Andalucía, Estremadura e Levante.

Aínda que a denominación fai alusión ás Rías Baixas, esta variedade non se limita só a esta zona e chega incluso á Ribeira do Ulla, na provincia da Coruña. A produción aumentou considerablemente este último ano en concellos como Vedra, Padrón, A Estrada ou Vila de Cruces. En canto á uva recollida a maior parte foi, como é habitual, de variedade branca e, dentro desta, o 96% albariño.

Unha vendima histórica leva a D.O. Rías Baixas a consolidarse no...
Comentarios