Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Rubén Riós e Silvia Jato, entre os embaixadores da Festa do Melindre

Rubén Riós y Silvia Jato
Rubén Riós y Silvia Jato
A XXVI edición da cita, que se celebrará este domingo, contará coa participación dun bo número de personalidades

A presentadora e modelo Silvia Jato; así como Alberto Granados, xornalista e escritor que actualmente dirixe Aquí en la Onda en Onda Cero Madrid, xunto á directora da Escola de Hostalería e Turismo de Viana do Castelo, Cristina Félix, estarán este domingo día 14 na Praza do Convento de Melide con motivo da XXVI Festa do Melindre.

Segundo informa o Concello de Melide, foron propostos este ano e aceptaron o seu nomeamento como embaixadores do melindre, ademais, o actor galego Rubén Riós, a docente e chef estrela Michelín e membro do Grupo Nove Beatriz Sotelo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a xornalista galega Belén Baños.

O motoclub melidense Milli Riders e Pablo Prieto, membro da Federación Galega de Fútbol, completarán o elenco de embaixadores da XXVI Edición da Festa do Melindre de Melide.

Todos eles estarán presentes o domingo en Melide nun acto a partir do mediodía que presidirá a alcaldesa da localidade Dalia García, no que os novos embaixadores confirmarán o seu compromiso cos doces típicos de Melide.

A partir das 12,30 horas na Praza do Convento, tras a lectura do pregón a cargo do actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, a presentadora do programa Gastrópodos da TVG, Marta Doviro, guiará o acto de recollida e nomeamento público de cada un deles.

Rubén Riós e Silvia Jato, entre os embaixadores da Festa do Melindre
Comentarios