Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

A reserva da biosfera Terras do Miño terá un catálogo sobre patrimonio inmaterial

Encuentro de los órganos de gestión de la reserva de la biosfera Terras do Miño, este martes en Lugo
Encuentro de los órganos de gestión de la reserva de la biosfera Terras do Miño, este martes en Lugo
Ademais, recolleranse receitas dos 26 concellos que comprende a reserva, para un libro sobre gastronomía

A reserva da biosfera Terras do Miño contará proximamente cun catálogo sobre patrimonio inmaterial do territorio que comprende, no que están integrados 26 municipios. 

O presidente da Deputación, Darío Campos, presidiu este martes a reunión dos órganos reitores e de participación desta reserva. Fixeron balance das actividades deste ano e analizaron os proxectos para o próximo. Entre esta figura o citado catálogo, que pretende, segundo os seus impulsores, "poñer en valor gran número de recursos pouco explotados, como festas, tradicións, expresións orais, coñecementos e usos relacionados coa natureza ou técnicas artesanais propias". 

A deputada de medio ambiente, Sonsoles López, presentou outro proxecto para divulgar a gastronomía de Terras do Miño. Consiste na recollida de receitas dos 26 concellos que comprende a reserva, entre as que se seleccionarán algunhas para incluír nun libro xunto con outras do resto de reservas da biosfera de España. 

A área de medio ambiente está a estudar tamén a posibilidade de participar nun proxecto interregional en colaboración co Norte de Portugal. Esta iniciativa ten como fin promover o cultivo ecolóxico de especies vexetais autóctonas susceptibles de ser usadas en gastronomía e balneoterapia. 

No encontro dos órganos de xestión da reserva, profesores da USC presentaron un proxecto para fomentar o urbanismo sostible, que incide na recuperación do bosque, a implantación de zonas verdes, promoción da agricultura vertical, restauración paisaxística e contempla a construción con madeira dun centro de divulgación. 

En xaneiro, está previsto que a escola habaneira de Guitiriz acolla unha xornada sobre recuperación sostible das canteiras próximas á Lagoa de Barreiro, para aproveitar o seu interese turístico e ambiental.

Celebrarase tamén unha xornada formativa sobre venda directa de produtos agroalimentarios. Ademais, a Deputación organizará unha visita de alcaldes ás empresas xurdidas a partir do Campus de Emprendemento, que permitiu sacar adiante unhas dez iniciativas no ámbito rural. 

Os xestores da reserva destacaron a boa puntuación recibida do Consello de Xestores da Rede Española de Reservas da Biosfera, que cualificou a Terras do Miño con 75,84 puntos sobre 100.

A reserva da biosfera Terras do Miño terá un catálogo sobre...
Comentarios