Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Prestes duplicará a produción de queixo azul tras a reforma da súa nave

Adela y Maikel Fernández, propietarios de Prestes
Adela y Maikel Fernández, propietarios de Prestes
A ampliación das instalacións permitirá á queixería vilalbesa pasar dos 12.000 litros semanais aos 25.000, nun produto cuxa demanda supera con fartura á oferta existente

A ampliación da nave que posúe a queixería Prestes no polígono industrial Sete Pontes de Vilalba permitirá á firma duplicar, como mínimo, a produción de queixo azul, que na actualidade oscila entre os 9.000 e os 12.000 litros semanais, e que podería roldar os 25.000.

A xerente de Prestes, Adela Fernández, asegurou que este é o momento adecuado para apostar polo queixo azul: "Está a pasar o mesmo que pasaba co San Simón hai uns anos. A demanda é moi superior á oferta, é o mercado o que está a buscar este queixo. Por iso cremos que agora é o momento adecuado para dar un paso adiante".

A ampliación da nave industrial de Prestes é de 1.000 metros cadrados, aínda que a parte dedicada ao queixo azul serán 300. "Necesitamos tamén ampliar a zona de maduración. Fannos falla máis cámaras tendo en conta a nosa produción actual", explica Fernández, que calcula que a reforma estará lista "a finais de febreiro ou principios de marzo".

A maior parte da produción do queixo azul de Prestes expórtase a países como Australia ou Estados Unidos, aínda que o aumento da demanda non procede só do exterior: "É certo que hai unha gran parte dos queixos que van fóra, pero é certo que están medrando moito as vendas a nivel nacional", asegura Fernández, que destaca a polivalencia do artigo con respecto á competencia.

"É un queixo moi suave, que se emprega non só para salsas. Ademais, mellorou cunha achega dun 10% de queixo de cabra que utilizamos agora", afirma.

"Despois do San Simón, o queixo azul é o que máis vendemos", comenta a xerente da firma, que destaca as calidades do curado de vaca que Prestes comezou a comercializar este ano baixo a marca ‘Capricho da Chaira’: "Este queixo ten unha maduración de seis meses, pero queremos ir a máis. Ten un bo sabor e un recordo no gusto a parmesano", explica.

A empresa chairega continuará coa súa aposta pola innovación ao longo de 2016: "Estamos a pensar en lanzar un novo produto, pero aínda non está concretado", conclúe Fernández.

Prestes duplicará a produción de queixo azul tras a reforma da súa...
Comentarios