Óscar de Toro culmina con pementos de Padrón a cuarta etapa do Camiño

O barista compostelán contou coa compañía do Cociñeiro Galego do Ano 2014
Óscar de Toro, con unos pimientos de Padrón en Palas de Rei
photo_camera Óscar de Toro, con unos pimientos de Padrón en Palas de Rei

O barista Óscar de Toro realizou este mércores a súa cuarta etapa do Camiño de Santiago, entre Portomarín e Palas de Rei. Para terminar a xornada, degustou pementos de Herbón (Padrón) na compañía de Diego López, Cociñeiro Galego do Ano 2014.

Esta acción forma parte da iniciativa do barista para promocionar a gastronomía galega, dentro da acción #OscarOnTheWay, que se pode seguir por Twitter, Facebook e a plataforma de Youtube de Galicia Calidade.

Comentarios