Os viños de Vía Romana entran na guía Sen Mala Uva con case 90 puntos

Unha das máis prestixiosas guías deste ano sitúa ao Godello de 2014 con 87 puntos e ao Mencía de 2013 con 85

O grupo Vinigalicia non deixa de dar sorpresas no mundo do viño. Os seus caldos están presentes nas mellores mesas e nas guías de alta consideración. Unha das máis prestixiosas do presente ano é a denominada Sen Mala Uva, na que a Vía Romana Godello de 2014 sitúase con 87 puntos e con 85 a Vía Romana Mencía de 2013, todo un novo éxito para a adega que dirixe Juan Luis Méndez.

‘Sen mala uva’ é considerado como o mellor libro de viños do mundo neste ano. é unha guía que se realiza sobre as probas do prestixioso xornalista gastronómico Ernesto Gallud, quen centra as súas catas en viños españois monovarietales.

entre 2.000 viños. A nova edición, que sairá á rúa en 2016, é o produto dos resultados de cata de máis de dous milleiros de viños, entre os que foron seleccionados minuciosamente 700. As súas peculiaridades descríbense ao detalle na guía ao longo de máis de 300 páxinas.

Os responsables de Vía Romana, adega establecida na zona de Belesar e que conta cunhas instalacións espectaculares, deixan patente a «gran satisfacción de que os nosos viños sexan recoñecidos cunha excelente puntuación que lucimos orgullosos nunha das mellores guías de enoloxía. Unha proba máis do noso empeño en facer viños de calidade».

Comentarios