O San Simón de Valado gaña unha Medalla de Ouro na feira Gourmets

O xurado do salón madrileño tamén distinguiu o queixo azul de Prestes e o Santo André xove da DOP do Cebreiro
Félix Freire Cuba, de la quesería Valado
photo_camera Félix Freire Cuba, de la quesería Valado

A quesería vilalbesa Valado da DOP de San Simón da Costa recibiu a máxima distinción posible na categoría de afumados do VII Campionato GourmetQuesos, cunha Medalla de Ouro para o seu queixo na que era só a súa segunda participación neste prestixioso certame que se clausurou este xoves en Madrid no marco do Salón de Gourmets. "Aínda non o encaixei", confesa un feliz Félix Freire, responsable desde hai pouco máis dunha década, xunto á súa muller, Carmen Vidal, dunha pequena fábrica que puxeron en marcha os seus pais nos anos 90.

"Para nós este premio significa moito, porque somos unha fábrica pequena e todo ou que sexa darse a coñecer e que valoren o teu traballo é moi importante", explica o responsable de Valado, quen xa contaba no seu palmarés cun Cincho de Ouro ou un accésit nos premios nacionais. "Mandamos o queixo para a cata, igual que o ano pasado, e case nos olvidaramos ata que un compañeiro nos avisou de que gañaramos", di Félix, agradecendo este recoñecemento ao traballo dunha empresa que realiza a súa propia distribución, sen presenza nas grandes superficies, xa que aposta polo comercio de proximidade, en tendas "que coidan o produto, que apostan pola calidade".


Tamén resultaron premiados outros dous queixos lucenses, o Santo André novo e o azul Sara&Lara


No Campionato dos Mellores Queixos de España do 30º Salón de Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, tamén resultaron premiados outros dous queixos lucenses. Se o ano pasado a queixería Santo André facíase co premio absoluto polo seu queixo curado, este ano levouse unha nova alegría co seu Santo André xove, premiado cunha Medalla de Prata na categoría de queixos de vacas novas. "É fantástico", di o seu responsable, Carlos Reija, precisando que a anterior distinción supuxo un "espectacular" aumento nas vendas: "É un empuxe enorme, os compradores xa veñen a ti".

Igualmente satisfeitos están na queixería Prestes de Vilalba. O seu San Simón quedou ben situado, pero é unha das súas últimas apostas, o queixo azul Sara&Lara, que empezaron a elaborar fai un par de anos, a que lles fixo gañar unha Medalla de Bronce "por encima de cabrales ou Valdeón, o que é moi positivo para nós", explica Maikel Fernández, que recorda que os premios "sempre son bos".

Comentarios