Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

O Concello de Lugo desenvolve unha app para promover rutas gastronómicas pola cidade

Ata 31 establecementos especializados en lacón, polbo, grelo, queixo e doce comporán un "gastomapa"

O Concello de Lugo desenvolveu unha aplicación web para promover rutas gastronómicas pola cidade, a través dun taller financiado tanto pola administración local como autonómica.

En concreto, como destacou a alcaldesa, Lara Méndez, son 31 os establecementos de Lugo que participan nas rutas do lacón, do polbo, do grelo, do queixo e do doce. A rexedora destacou que neses locais "a elaboración" das súas comidas "é con produtos gastronómicos de terra e mar", que se plasman nun"gastromapa" que se pode descargar gratuitamente. Xunto con iso, editaranse 5.000 folletos.

Este mesmo taller, bautizado como Cultura-Lucus e no que participaron 23 desempregados, creou tamén un mapa por onde transcorre o Camiño Primitivo polo termo municipal de Lugo, cunha tirada de 500 exemplares.

O Concello de Lugo desenvolve unha app para promover rutas...
Comentarios