O Cebreiro rende culto á súa gastronomía na XXXI Feira do Queixo

Cinco queixerías acollidas ao consello regulador puxeron á venda uns 2.000 queixos
Público asistente a la lectura del pregón
photo_camera Público asistente a la lectura del pregón

Pedrafita acolleu este venres a XXXI Feira do Queixo do Cebreiro, declarada Feira de Interese Turístico Galego.

Un total de cinco queixerías acollidas ao consello regulador —Castelo de Brañas, Queixos Santo André, Queixos Marqués de Cernadas, Queixo Fonchave e Gran Despensa Abadía de Samos— puxeron á venda uns 2.000 queixos a un prezo que oscilou entre 5 e 6 euros, en función do peso.

Os asistentes á xornada tamén atoparon outros produtos artesanais como mel, viño, pan, emapanadas, repostería, embutidos, licores, etc.

Inés López Fernández, médico de urxencias no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e colaboradora docente da USC, foi a encargada de ler o pregón nesta edición da feira.

Comentarios